Convocatoria
Acto "Alcemos a voz"
Vistas as recomendacións que dende medios oficiais se están dando sobre as reunións de grupos de persoas, a Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria decide adiar o acto reivindicativo "Alcemos a voz" convocado para o sábado 14 de marzo na Praza da Quintana.
En canto remita esta situacion de emerxencia sanitaria, volverémolo convocar e celebraremos a Revolta das Mulleres na Igrexa.
Sentimos ter que tomar esta decisión e agradecemos o apoio e a difusión que todas fixechedes do mesmo. Estamos cheas de ledicia pola boa acollida que tivo e nos comprometemos a celebralo en canto sexa posible.
Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria
ACTO "ALCEMOS A VOZ" CONVOCADO POLA ASOCIACIÓN MULLERES CRISTIÁS GALEGAS · EXERIA QUEDA ADIADO ATA NOVO AVISO
Vistas as recomendacións que dende medios oficiais se están dando sobre as reunións de grupos de persoas, a Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria decide adiar o acto reivindicativo "Alcemos a voz" convocado para o sábado 14 de marzo na Praza da Quintana.
En canto remita esta situacion de emerxencia sanitaria, volverémolo convocar e celebraremos a Revolta das Mulleres na Igrexa.
Sentimos ter que tomar esta decisión e agradecemos o apoio e a difusión que todas fixechedes do mesmo. Estamos cheas de ledicia pola boa acollida que tivo e nos comprometemos a celebralo en canto sexa posible.
Asociación Mulleres Cristiás Galegas · Exeria
Tamén en outras cidades do Estado...
Achegámosvos os carteis das distintas convocatorias en Sevilla, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Valencia, Granada, Bilbao...
Convocatoria a convocatoria
Bilbao
APRAZADO
Sevilla
Granada
APRAZADO
Barcelona
Madrid
Zaragoza
Revolta de mulleres na Igrexa
Ata que a igualdade sexa costume
1 de marzo
FOLGA DE MULLERES NA IGREXA
Recollendo o chamado do Consello de Mulleres Católicas (CWC), que promove a acción Voices of Faith (www.voicesoffaith.org), as diferentes asociacións de mulleres crentes feministas alzamos a nosa voz e propoñemos unha revolta de mulleres.
Pedimos que as mulleres non asistan ás celebracións litúrxicas, catequeses, etc.
Queremos que o noso silencio resulte atronador, e que todo o Pobo de Deus se decate da nosa importancia no sostemento da Igrexa.
PENDENTE DE REALIZAR
En canto sexa posible, na Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela, teremos a celebración reivindicativa "Alcemos a voz".
Vinde vestidas de branco
Para mais información relacionada ou mais información do resto de accións que se levarán a termo: