Medidas Sanitarias

Novos tempos, novos modos

Dende a coordenadora, asumimos as seguintes medidas para o desenvolvemento da nosa actividade asociativa nestes tempos. A participación en cada actividade leva implícito o coidado tanto de nós mesmas como de todas as compañeiras e dos espazos nos que estemos, polo que ínstase a todas as participantes a ler detidamente e cumprir cas seguntes recomendacións así como ca normativa vixente en cada lugar e momento. Moitas grazas.

Estas recomendacións están agrupadas en tres bloques que atinxen ó eido individual, ó espazo e ó contacto de proximidade. Confiamos en que este formato vos sexa cómodo, pero tamén estarán dispoñibles en pdf (adxuntos a continuación).

Reforzar a hixiene e protección individuais:

  • O uso de cubrebicos é obrigatorio en todo momento

  • Lavar as mans frecuentemente con xabón ou cunha solución hidroalcohólica

  • É indispensable avisar á asociación en caso de notar malestar ou calquera dos síntomas da COVID 19 (febre, tos ou dificultade respiratoria), así como notificar as posibles PCR positivas

  • Evitar tocar a boca, o nariz ou/e os ollos

  • Ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable ou poñendo o cóbado por diante

Intensificar a limpeza e hábitos hixiénicos:

  • Non compartir obxectos sen realizar unha desinfección previa

  • Ventilar o centro de traballo mínimo cada 15 minutos.

  • Limpeza frecuente de obxectos e superficies (pomos, aseos, etc)

  • Reforzar a dispoñibilidade de material de limpeza e hixiene persoal

Medidas para evitar o contacto de proximidade:

  • Evitar e reducir a frecuencia e o contacto próximo entre persoas

  • Afastarse polo menos 1’5 metros das persoas

  • Promover ás reunións por videoconferencia e as actividades online

Documentos:

DOC Recomendacións para o desenvolvemento de actividades atendendo á normativa sanitaria vixente.pdf
Documento pdf
CARTEL Recomendacións para o desenvolvemento de actividades atendendo á normativa sanitaria vixente (1).pdf
Cartel pdf
CADRO. Recomendacións para o desenvolvemento de actividades atendendo á normativa sanitaria vixente.pdf
Cadro resumo pdf

Ligazóns de interese

Remitímosvos ás principais páxinas con información actualizada e de rigor sobre a evolución da pandemias e as medidas que se están adoptando ó respecto.

Cada un dos elementos das seguintes enumeracións están ligado ás páxinas dos organismos oficiais de goberno pertinentes. Pulsando en cada elemento, accederás directamente a elas.