A través dun xesto simbólico e pacífico, en silencio, quixemos facer visible a dor, a indignación e o compromiso crente cunha Igrexa sinodal, segura e evanxélica, que aposte decididamente pola verdade, a reparación e a transformación das súas estruturas, superando a asimetría de poder nas relacións pastorais.
No quinto aniversario do movemento e no marco das celebracións do 8M e das súas reivindicacións feministas, as trinta agrupacións da Revolta das Mujeres na Igrexa – Alcem la Veu do Estado español saen á rúa para reclamar a igualdade que se lles nega na Igrexa.
Convidámosche a ser parte deste movemento en expansión!
Contáctanos e únete a nós para seguir avanzando xuntas cara a un futuro no que a igualdade sexa costume!
A misericordia de Deus derrámase sobre toda persoa sen distinción. Como mulleres crentes vivímonos testemuñas e portavoces desa misericordia. Desde ese amor derramado en nós e desde a pedagoxía de Jesús de Nazaret, non podemos consentir que as diferenzas se constitúan en motivo de exclusión, provocando sufrimento e angustia nos colectivos máis vulnerables. Apostamos firmemente pola tenrura como motor das relacións humanas.
Por iso apoiamos sen fisuras as súas palabras, que agradecemos profundamente.
As mulleres amamos a Igrexa, e non imos marchar caladiñas como xa fixeron outros colectivos (clase obreira, xente moza) senón que queremos que a Igrexa mire para si mesma e cambie, porque non queremos ver como se perde do mundo. Por iso convocamos este Sínodo.
Reafirmamos o noso apoio inquebrantable ao pobo palestino na súa loita pola liberdade e a dignidade. Condenamos firmemente o xenocidio levado a cabo por Israel, coa complicidade das potencias globais, e esiximos o fin inmediato da violencia e da ocupación.
Altri, Greenalia e a Xunta de Galicia pretenden instalar pola forza unha macrocelulosa na nosa casa, decímoslles alto e claro, ALTRI NON, non hai trato, nin os chamamos nin os precisamos. https://plataformaulloaviva.com/