Exeria

Páxina web oficial da Asociación Mulleres Cristiás Galegas · Exeria

Revolta de mulleres na Igrexa

No quinto aniversario do movemento e no marco das celebracións do 8M e das súas reivindicacións feministas, as trinta agrupacións da Revolta das Mujeres na Igrexa – Alcem la Veu do Estado español saen á rúa para reclamar a igualdade que se lles nega na Igrexa 

O acto central en Galicia terá lugar en dúas cidades: en Santiago de Compostela na praza da Quintana e no barrio de Coia en Vigo, diante da igrexa. Está promovido pola Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria e consistirá nunha celebración que representará unha alegoría sobre a mesa compartida, onde sumaremos os nosos berros aos de moitas mulleres do mundo e da Igrexa.

Convidámosche a ser parte deste movemento en expansión! 

Contáctanos en mcgexeria@gmail.com e únete a nós para seguir avanzando xuntas cara a un futuro no que a igualdade sexa costume!

Volve o... 

Espazo de Teoloxía Feminista

Convocamos o XII Espazo de Teoloxía Feminista, no que traballaremos o libro "¿Eres tú o esperamos a otro? (Lc 7, 19) La salvación en la que creemos las mujeres" para contruír pensamento teolóxico dende o lugar das mulleres. Para máis información preme aquí! 

Respaldamos a Mariann Budde

A misericordia de Deus derrámase sobre toda persoa sen distinción. Como mulleres crentes vivímonos testemuñas e portavoces desa misericordia. Desde ese amor derramado en nós e desde a pedagoxía de Jesús de Nazaret, non podemos consentir que as diferenzas se constitúan en motivo de exclusión, provocando sufrimento e angustia nos colectivos máis vulnerables. Apostamos firmemente pola tenrura como motor das relacións humanas. 

Por iso apoiamos sen fisuras as súas palabras, que agradecemos profundamente. 

As conclusións do Sínodo de Mulleres xa están dispoñibles!

As mulleres amamos a Igrexa, e non imos marchar caladiñas como xa fixeron outros colectivos (clase obreira, xente moza) senón que queremos que a Igrexa mire para si mesma e cambie, porque non queremos ver como se perde do mundo. Por iso convocamos este Sínodo. 

Clamamos pola fin do xenocidio israelí e a liberación de Palestina

Reafirmamos o noso apoio inquebrantable ao pobo palestino na súa loita pola liberdade e a dignidade. Condenamos firmemente o xenocidio levado a cabo por Israel, coa complicidade das potencias globais, e esiximos o fin inmediato da violencia e da ocupación. 

Dende o río ate o mar berramos: ALTRI NON!

Altri, Greenalia e a Xunta de Galicia pretenden instalar pola forza unha macrocelulosa na nosa casa, decímoslles alto e claro, ALTRI NON, non hai trato, nin os chamamos nin os precisamos. https://plataformaulloaviva.com/