O Espazo de Teoloxía Feminista é un espazo de reflexión circular, no que compartimos coñecementos sobre as diferentes teoloxías feministas. Partimos da lectura de textos de diferentes autoras que nos fan reflexionar. Nas sesións do espazo poñemos en común as nosas reflexións en roldas nas que compartimos pensamento equilibrando os tempos de palabra, respectando o espazo de cada unha, alimentando o pensamento común.
Un equipo coordinador selecciona e propón os textos. Nas roldas sucesivas e tempos de diálogo aberto imos afondando na lectura, enriquecéndonos coa aportes de todas.
Convocamos o XII Espazo de Teoloxía Feminista, no que traballaremos o libro "¿Eres tú o esperamos a otro? (Lc 7, 19) La salvación en la que creemos las mujeres" para contruír pensamento teolóxico dende o lugar das mulleres. Como acostumamos, un terá lugar en Santiago de Compostela (na Casa Xohana Torres) e primeiramente en Lugo (organizado pola Revolta das Mulleres na Igrexa de Lugo) e, un ano máis, en Vigo (na parroquia do Cristo da Vitoria). As sesións desenvolveranse presencialmente e terán lugar nas seguintes datas e co horario detallado a continuación xunto co custo da matrícula:
Horario: de 18:00h a 20:30h
Datas: 16 de xaneiro, 20 de febreiro, 20 de marzo, 24 de abril e 22 de maio
Matrícula: 10€ para socias e 15€ para non socias. A ingresar en ES83 2080 0500 5130 4004 5071.
ÁNIMATE A VIR! Aínda que nunca fixeras nada parecido. Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida que poida xurdir en mcgexeria@gmail.com.
Asina:
Convocamos o XI Espazo de Teoloxía Feminista, no que nos achegaremos a distintos textos sobre Cristoloxía Feminista. Dende diversas perspectivas –latinoamericana, negra, indíxena e queer– enriquecemos a nosa comprensión de Cristo como aquel que encarna a solidariedade radical e desafía os sistemas de opresión. Afastámonos dunha visión da cruz que glorifica o sufrimento pasivo e, en cambio, abrazamos unha interpretación que destaca a resistencia activa de Jesús fronte ás inxustizas. Hoxe, máis que nunca, afirmamos que a cristología feminista non é só un exercicio teórico, senón unha ferramenta concreta para a transformación social. Inspiradas no Jesús histórico e no Cristo resucitado, seguimos tecendo redes de esperanza e liberación, convencidas de que o Reino de Deus é unha realidade que debemos construír aquí e agora.
No IX Espazo de Teoloxía Feminista (2021) retomamos "La que es" de Elisabeth Johnson tras o parón esixido pola pandemia. Grazas a esta obra, imos coñecendo e recoñecendo parte da tradición teolóxica a través das lentes violetas. O modo no que creamos os nosos símbolos e o contido que amosan determinan en gran medida a nosa concepción de Deus. Como entendimos a Deus ata agora? A perspectiva de Johnson axudaranos a responder a esta pregunta. Como concebimos a Deus dende agora? A proposta desta autora e rica, fonda e íntimamente feminista.
No IX Espazo de Teoloxía Feminista (2021) retomamos "La que es" de Elisabeth Johnson tras o parón esixido pola pandemia. Grazas a esta obra, imos coñecendo e recoñecendo parte da tradición teolóxica a través das lentes violetas. O modo no que creamos os nosos símbolos e o contido que amosan determinan en gran medida a nosa concepción de Deus. Como entendimos a Deus ata agora? A perspectiva de Johnson axudaranos a responder a esta pregunta. Como concebimos a Deus dende agora? A proposta desta autora e rica, fonda e íntimamente feminista.
No ano 2020 celebramos o VIII Espazo de Teoloxía Feminista ca obra de Elisabeth Johnson La que es. Por mor das restricións impostas polo Goberno á raíz da pandemia da COVID-19, fixéronse as dúas primeiras sesións presencialmente (días 17 e 21 de febreiro) e logo interrompeuse ata o 15 de maio que tivo lugar a última das sesións telemáticamente. Deste modo, a nosa achega tan só alcanzou ós primeiros capítulos dos que cabe resaltar como perfila a autora as distintas formas femeninas de Deus. Achamos unha riqueza simbólica sin par sobre a que afondaremos continuando con esta obra noutra ocasión.
Despois de ter escoitado a Ivone Gebara no Encontro Salto Vital en Zaragoza, retomamos con forza o Espazo de Teoloxía Feminista co último libro desta nosa querida teóloga brasileira Condimentos feministas a la teología. A teoloxía de Ivone é un bálsamo para todas nós. O seu estilo realista e reflexivo, enraizado na vida, lévanos a pensar cos pés na terra, poñéndonos ao lado das que sofren, abrindo novas sendas feministas de liberación.
No ano 2016 seguimos afondando no libro Del cielo a la tierra. Una antología de teología feminista editado por Lene Sjørup, Mary Judith Ress, Riet Delsing e Ute Seibert-Cuadra. Desta volta introducimos o ETF con artigos de Carter Heyward e Carol P. Christ. Da man de Elisabeht Schussler Fiorenza aprendemos as claves dunha nova hermenéutica. Sallie McFague que nos propuxo novos modelos de Deus, libres de sexismo. Neste espazo tamén tivemos un momento de poética cun texto de Alice Walker, tirado do seu libro A cor púrpura.
No ano 2015 xuntámonos arredor do libro Del cielo a la tierra. Una antología de teología feminista editado por Lene Sjørup, Mary Judith Ress, Riet Delsing e Ute Seibert-Cuadra. Nel, limos textos de diferentes autoras que debullaron para nós o sexismo nos distintos campos da teoloxía. Os textos elixidos foron de Ivone Gebara, Carter Heyward e Rosemary Radford Ruether. A historia da Igrexa está inzada de políticas sexistas e mesmo misóxinas, condensadas as máis delas en torno á figura de María.
No ano 2014 dedicamos o espazo a reflexionar sobre a as imaxes de Deus que se nos transmitiron como a teoloxía feminista as actualiza e renova. Empezamos cun texto de Isabel Gómez-Acebo sobre Deus na Teoloxía Feminista. Logo traballamos dous capítulos do libro de Elisabeth Jhonson "La búsqueda del Dios vivo" e un artigo de Dorothee Solle sobre os nomes de Deus.
No ano 2013 continuamos coa Cristoloxía feminista, lendo capítulos do libro No y amén. Invitación a la duda, da polémica e brillante teóloga alemá Uta Ranke-Heinemann. Con Ana Unzurrunzaga Fernández cabilamos sobre o que significa para nós, as mulleres feministas, o seguimento de Xesús. Aprendemos a ver a mensaxe de Xesús con novos ollos, con mirada violeta, e a desmontar estruturas patriarcais que se foron construíndo ao longo dos séculos arredor da súa figura e misión.
O 2012 centrouse na Cristoloxía Feminista. Ao texto introdutorio de Carme Soto seguiulle Pilar de Miguel sobre Cristoloxía feminista. Con Alicia Miyares achegámonos a La Biblia de la mujer, o primeiro texto de teoloxía feminista que Elisabeth Cady Stanton, Lucrecia Mott e un grupo de destemidas mulleres publicaron en EEUU no ano 1895. Rematanos o ano coas reflexións sobre Cristoloxía feminista da teóloga brasileira Clara L. Bingemer.
No ano 2011 arrancou o Espazo de Teoloxía Feminista cun texto de Margarita Pintos que nos presentou o quefacer das teoloxías feministas. Coa teóloga Rosa Cursach aprendemos as claves da hermenéutica feminista e con Lucía Ramón adentrámonos na súa historia. As reflexións deste I Espazo de Teoloxía Feminista recollémolas no libro As mulleres falamos de Teoloxía, que publicamos en outubro de 2012 e presentamos ao longo do ano 2013, e do que podedes ver unha reseña nesta páxina web, na sección libros.