Revolta de mulleres na Igrexa 

Ata que a igualdade sexa costume

Apartado en construción - Pendente de actualización

A chispa

Co gaio das mobilizacións convocadas no mundo para o 8M, lanzouse dende o Consello de Mulleres Católicas (CWC, principais impulsoras a nivel internacional) este video e, tras del, a iniciativa Voices of Faith

Que é Voices of Faith?

Recuperado da súa páxina web:

"Voices of Faith es una iniciativa que crea eventos, promoción en los medios de comunicación y grupos de redes internacionales para empoderar a las mujeres católicas en la toma de decisiones a nivel local y global de la Iglesia Católica.

Pero, no sólo nos centramos en las estructuras actuales y extremadamente patriarcales de esta Iglesia, también imaginamos y creamos formas completamente nuevas e innovadoras para que las mujeres puedan y deban ser incluidas ahora mismo - sin pedir permiso."

Voices of Faith

Ata que a igualdade sexa costume

Recollendo o chamado do Consello de Mulleres Católicas (CWC), que promove a acción Voices of Faith (www.voicesoffaith.org), as diferentes asociacións de mulleres crentes feministas alzamos a nosa voz e propoñemos unha revolta de mulleres. O ano pasado convocouse unha folga de mulleres na Igrexa: non asistir ás celebracións litúrxicas, catequeses,... Así o 2020 foi o ano no que se iniciou esta revolta que, malia a pandemia, tivo un impacto significativo. 

A intención era que, a través do noso total silencio, todo o Pobo de Deus se decatara da nosa importancia no sostemento da Igrexa. Deste xeito, este ano co lema "Se nós calamos, berrarán as pedras", retómáronse as mobilizacións en distintos puntos do Estado. 

Premendo nos seguintes botóns poderás obter máis información sobre:

Manifesto

Actos (España)

Actos (Galicia)

Outras accións da Revolta

2023 - II Encontro de Representantes da Revolta das Mulleres na Igrexa

Reunímonos en Ciempozuelos os días 24 á 26 de Marzo, os colectivos de mulleres feministas cristiás que formamos parte da Revolta das Mulleres na Igrexa e Alcem la Veu enumeradas a continuación:

O contido do encontro abarca unha variedade de temas relevantes relacionados co movemento na revoltas locais e a súa conexión co movemento estatal e coa CWC (Coordinadora das Revoltas das Mulleres na Igrexa de fala hispana do mundo). 

Á primeira parte do encontro foi ''De onde vimos'', levounos a explorar o punto de partida e ofreceunos unha fotografía da Rede Estatal, expoñendo interrogantes importantes froito dunha enquisa realizada aos grupos que nos identificamos coa Revolta.

O seguinte punto do día, ''Traballo de grupos'', desenvolveuse polos grupos locais agrupados territorialmente e aleatoriamente en función do obxectivo a tratar. Logo, tivo lugar a conexión coa CWC, que actúa como un punto de encontro e coordinación entre as mulleres católicas de fala hispana sensibles á cuestión de xénero ó redor do mundo.

Seguidamente, tomaron a palabra as Revoltas Locais máis novas, presentando as experiencias e testemuños de distintas revoltas locais, como Gran Canaria, Burgos, Asturias, Donostia e Menorca. Cada unha compartiu a súa perspectiva e accións no contexto da revolta.

A continuación, na Asemblea Plenaria abordáronse as liñas de acción e os acordos comúns que imos alcanzando como movemento. Adquirimos o compromiso de levar estes acordos ó eido local para traballalos dentro dunha sorte de camiño de ida e volta a fin de enriquecernos e enriquecer á Revolta das Mulleres na Igrexa.

En resumo, este encontro ofreceunos unha visión xeral dos antecedentes do movemento, o traballo realizado polos grupos locais, a conexión coa CWC e as experiencias das Revoltas Locais máis recentes. Tamén traballamos as liñas de acción e os acordos comúns alcanzados na Asemblea Plenaria, marcando así o camiño para seguir para o movemento das Revoltas das Mulleres na Igrexa.

Libro

La revuelta de las mujeres en la Iglesia (2022)

O 1 de marzo de 2020 estalaba a faísca á porta das catedrais do Estado que, baixo o nome de Revolta de Mujeres na Iglesia, esixía que a igualdade fose costume no seo da relixión maioritaria do mundo. Unha reivindicación de voz e voto reais e urxentes que non parou de crecer e multiplicarse.

O segundo ensaio de La Imprenta aborda un tema de fronteira: o das feministas cristiás que desde a Igrexas machista e patriarcal son vistas con receo por feministas e desde os movementos progresistas tampouco son especialmente escoitadas precisamente por cristiás. Por iso vemos fundamental facerlle chegar este tema a todo tipo de lectoras e lectores.

Este libro escrito a varias mans recolle a información máis completa e actualizada sobre un movemento que está chamado a cambialo todo nunha das institucións máis antigas e poderosas do planeta. Transformar a Igrexa hoxe é transformar a Historia.

Dispoñible: La Imprenta: Revuelta de Mujeres en la Iglesia 

2021/2022 - Sínodo de Mulleres en Roma

Trátase dun Sínodo convocado pola CWC (Catholic Women’s Council, www.catholicwomenscouncil.org) no ano 2019, pero que se viu detido pola pandemia. Retomamos traballos a nivel internacional organizadas en 7 grupos por afinidades territoriais e fala (inglés, hispano, francés, alemán, africano e indio), artellando cinco eixos de traballo:

Iníciase agora en decembro, cunha enquisa na que diagnosticar a situación das mulleres na Igrexa respecto deses cinco puntos. A partir dela traballaranse en grupos os diferentes eixos, seguindo este método de traballo:

En xaneiro presentaranse os resultados da enquisa e empezarán os traballos nos grupos en sesións que se inician en febreiro e seguirán ata xuño. As conclusións, que serán recollidas e elaboradas nas diferentes zonas, presentaranse de xeito global, en sesións virtuais, co seguinte calendario:

O plan de traballo é intenso. Vén premido pola pandemia, que atrasou o inicio, e polo Sínodo da sinodalidade que se vai celebrar en Roma e no que queremos presentar as conclusións do Sínodo de Mulleres. 

Mulleres Cristiás Galegas Exeria chama á participación activa de todas as mulleres neste trabalo sinodal

As Mulleres Cristiás Galegas Exeria imos empezar imos empezar este traballo sinodal deseñando un calendario de traballo que queremos facer aberto a todas as mulleres que poidan estar interesadas en revisar a súa situación na Igrexa e elaborar propostas que fagan posible o cambio que queremos ver. Se estás interesada en participar, ponte en contacto con nós en mcgexeria@gmail.com ou falando con calquera de nós. 

Como ben dicimos na Revolta, queremos facer oír a nosa voz para que a xustiza, a igualdade e o coidado da casa común sexan costume na Igrexa!