Accións
Nun click!
31/01/2025 - Respaldamos a Mariann Budde
Diversos colectivos de mulleres cristiás feministas expresaron o seu apoio a Mariann Budde, obispa de Washington, tras a súa homilía do 21 de xaneiro na catedral da capital estadounidense, con motivo da toma de posesión do presidente Donald Trump. “Apreciamos e agradecemos a súa voz profética”, aseveran
A misiva, asinada pola Asociación Abrandares Cristiás Galegas Exeria e a Rede Miriam de Espiritualidade Ignaciana Feminina, e apoiada pola Revolta das Mulleres na Igrexa e outros grupos, recoñece a súa valentía.
“Parécenos revelador e aléntanos o feito de que no seu país existan plataformas como Faithful America que aúnan ás diferentes confesións relixiosas para argumentar e desmontar, desde a nosa vivencia da fe, eses nacionalismos mal chamados cristiáns que […] terxiversan as palabras de Jesús e a nosa fe para defender posicións políticas extremistas e fomentadoras do odio”, expresan na carta.
As mulleres cristiás asinantes do escrito ven nas súas palabras un compromiso coa xustiza e a igualdade. “Seguimos camiñando buscando unha Igrexa e un mundo que cada vez máis sexan comunidade de iguais, Ekklesia que avanza na construción do reino de Dios”, conclúen.
Recuperado de: Noticias Obreras - Mulleres cristiás respaldan a Mariann Budde
Carta orixinal completa:
Problemas coa visualización?
Preme neste enlace:
https://drive.google.com/file/d/1okDwZqrhI88rDn8AciC4wdQTOjIHCq27/view?usp=sharing

Texto en galego da Carta de apoio a Mariann Budde
Querida e apreciada monseñora Mariann Budde:
Somos mulleres feministas católicas, que traballamos na nosa Igrexa pola igualdade entre homes e mulleres.
Son tempos difíciles os que nos está tocando vivir, tempos nos que a supremacía (branca, cis-heteropatriarcal ou de calquera outro tipo) e a polarización avanzan e esténdense por todos os países que se din democráticos, tanto en América como en Europa.
Parécenos revelador e aléntanos o feito de que no seu país existan plataformas como Faithful America que aúnan ás diferentes confesións relixiosas para argumentar e desmontar, desde a nosa vivencia da fe, eses nacionalismos mal chamados cristiáns que, por todo o mundo, desvirtúan e terxiversan as palabras de Jesús e a nosa fe para defender posicións políticas extremistas e fomentadoras do odio.
O motivo desta carta é agradecerlle as súas valentes palabras na homilía do pasado 21 de xaneiro na catedral de Washington. Apreciamos e agradecemos a súa voz profética, que recoñecemos habitada pola Ruah, o seu ton pausado, capaz de alzarse sen estridencias para defender a verdade e sostela desde o Evanxeo.
Como mulleres somos conscientes da dificultade que entraña chegar a obispa na capital de Estados Unidos e a valentía que é necesaria para dirixirse ao novo presidente da súa nación nos termos nos que vostede se expresou.
Coincidimos con vostede na importancia da unidade como base firme sobre a que se ha de soster un estado, a importancia de neutralizar e superar a polarización que nestes momentos vívese a nivel global, a necesidade de abrir espazos de diálogo e deixar de considerar como inimigo/á quen pensa distinto. As comunidades humanas habemos de saber incluír a todas as persoas que pensan ou se viven de formas diferentes, sen excepcións de ningún tipo, por encima de toda diferenza económica, cultural, social, relixiosa, sexual,...
A misericordia de Dios derrámase sobre toda persoa sen distinción. Como mulleres crentes vivímonos testemuñas e portavoces desa misericordia. Desde ese amor derramado en nós e desde a pedagoxía de Jesús de Nazaret, non podemos consentir que as diferenzas se constitúan en motivo de exclusión, provocando sufrimento e angustia nos colectivos máis vulnerables. Apostamos firmemente pola tenrura como motor das relacións humanas. Por iso apoiamos sen fisuras as súas palabras, que agradecemos profundamente.
Seguimos camiñando buscando unha Igrexa e un mundo que cada vez máis sexan comunidade de iguais, Ekklesia que avanza na construción do Reino de Dios
Grazas, irmá!!
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2025
Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria
Rede Miriam de Espiritualidade Ignaciana Feminina
Apoian este escrito
Tras las huellas de Sophia (México)
Revolta das Mulleres na Igrexa de Vigo, Lugo, Zaragoza, Cantabria, Navarra, Granada, Tenerife, Alicante, Madrid, Cabra, Huesca, Gran Canaria, Vitoria - Gasteiz, La Rioja, Salamanca, Bilbao, Murcia, Badajoz, Valladolid e Almería,
Alcem a Veu Barcelona,
Mujeres en la Iglesia de Burgos por la igualdad,
Mujeres y Teología de Zaragoza, Cantabria, Sevilla, Cabra,
Emakumeen Aldarria Guipuzkoa
Donnes Creients Valencia
Mujeres en Diálogo CVX España
Texto completo da homilía traducido
Problemas coa visualización?
Preme neste enlace:
https://drive.google.com/file/d/1a1A6je-TLRKd6ugi1qsv4ICexjft_taL/view?usp=sharing

2022 - Libro: La revuelta de las mujeres en la Iglesia
O 1 de marzo de 2020 estalaba a faísca á porta das catedrais do Estado que, baixo o nome de Revolta de Mujeres na Iglesia, esixía que a igualdade fose costume no seo da relixión maioritaria do mundo. Unha reivindicación de voz e voto reais e urxentes que non parou de crecer e multiplicarse.
O segundo ensaio da Imprenta aborda un tema de fronteira: o das feministas cristiás que desde a Igrexas machista e patriarcal son vistas con receo por feministas e desde os movementos progresistas tampouco son especialmente escoitadas precisamente por cristiás. Por iso vemos fundamental facerlle chegar este tema a todo tipo de lectoras e lectores.
Este libro escrito a varias mans recolle a información máis completa e actualizada sobre un movemento que está chamado a cambialo todo nunha das institucións máis antigas e poderosas do planeta. Transformar a Igrexa hoxe é transformar a Historia.
Dispoñible: La Imprenta: Revuelta de Mujeres en la Iglesia
22/07/2021 - María Madalena na Revolta
Celebrando o día de Santa María Madalena, dende a Revolta lanzámonos a participar nunha acción virtual que tiña por obxectivo en recoñecer a Madalena apóstola. As nosas compañeiras de Zaragoza e, en concreto, Mabel; montaron a seguinte montaxe na que podedes vernos sostendo cartel por riba do bico con distintas frases. Dun xeito fermoso, reivindicámola e enchimos o 22 de xullo do 2021 as redes con esta mensaxe. Velaiquí o resultado:
13/11/2021 - VII Foro Cristiano de Zaragoza
A compañeira Marisa Vidal Collazo participou o pasado 13 de novembro de 2021, no VII Foro Cristiano de Zaragoza adicado á Revolta das Mulleres na Igrexa. Toda as ponencias e recursos do encontro están recollidos aquí na páxina web adicada específicamente a esta cuestión. Recomendámosvos encarecidamente entrar na web con tempo para ir debullando con calma as ponencias de Mª Andrea González Benassini e de Marisa Vidal Collazo entorno ás raíces da Revolta de Mulleres na Igrexa.
18/11/2021 - Premio Alandar 2021
Un día chegou a nova, pero non fomos capaces de imaxinar o imparto que había de ter realmente. Elvira Santos Pena (no medio da foto, cun chaleque branco) foi a compañeira que se achegou dende Galicia a recoller o premio no noso nome dentro do grupo de mulleres que representaban a Revolta das mulleres na Igrexa a nivel estatal. Tal e como nos conta no artigo publicado na revista Irimia (irimia.gal): "A revista ALANDAR de información social e relixiosa, que xa ten unha vida longa (desde 1983), concede cada ano o Premio Alandar a un colectivo que realice unha acción relevante e transformadora, na construcción dun mundo máis xusto e igualitario. Este ano foi a “REVOLTA DAS MULLERES NA IGREXA” o colectivo premiado" . Recuperado de: Irimia | A revolta das mulleres na igrexa, premio “Alandar 2021”
Para máis información, podes consulta a crónica que a propia revista Alandar recolleu na súa páxina web (www.alandar.org). Pola nosa parte, quixemos recoller o fragmento da acta do xurado no que detallan as razóns que impulsaron este recoñecemento:
«Acórdase conceder o Premio Alandar 2021 á Revolta de Mulleres na Igrexa, por xerar un dos movementos eclesiais máis importantes dos últimos anos en España, creando espazos de coordinación e acción conxunta con movementos similares en Europa, América Latina e América do Norte e axuntando as vontades e carismas de grupos de mulleres crentes verdadeiramente diversos (teólogas, membros de movementos eclesiais, de comunidades de base e de grupos parroquiais, entre moitos outros) para reivindicar o papel que debe xogar e o espazo que debe ocupar a muller dentro da Iglesia, superando concepcións patriarcais e clericalistas. Máis aló da reivindicación feminista, a Revolta é un movemento profético que apunta cara á utopía doutra Igrexa posible e necesaria. Unha Igrexa menos xerarquizada e máis Pobo de Deus, máis horizontal e menos vertical. Unha Igrexa verdadeiramente sinodal, na liña da recente convocatoria realizada polo papa Francisco a toda a Igrexa a un sínodo global para reflexionar sobre esta cuestión»
Recuperado de: Alandar | La Revuelta de Mujeres en la Iglesia, Premio Alandar 2021
Podedes consultar a crónica do evento que fixo Alandar (pinchando aquí) e tamén a que publicaron no seu blog Mujeres y Teología de Zaragoza (pinchando aquí).
27/11/2021 - I Encontro estatal da Revolta
Empezamos coa presentación de grupos que foron 15: Galicia (as compañeiras Bea Estévez, Marisa Vidal, Lucía Santiago e Clara Baliñas), Cantabria, Bilbao, Vitoria, Logroño, Zaragoza, Barcelona, Valencia, Madrid, Granada, Badaxoz, Sevilla, Córdoba e Las Palmas de Gran Canaria, xunto con Feminista y Cristiana e mesmo asistiu a presidenta estatal do MOCEOP, mulleres de HOAC, de parroquias, de grupos non específicamente feministas, pero unidas na causa doutra igrexa posible. Foi un cargar pilas maiúsculo. Cada grupo, pequeno ou grande, era recibido con ovacións e vítores de todas. Planeaba no aire, claro, o recentemente recollido premio Alandar, un respaldo importante para a nosa causa.
Tivemos recordo para as que nos precederon, as mulleres que nos anos 90 e 2000 nos organizamos no estado. Estiveron moi presentes os encontros de Mulleres e Teoloxía (alí estaba Mercedes López Herrera, a sevillana, memoria viva desa etapa), as Mulleres en l’Esglesia per la paritat (o nome de Mari Pau invocouse varias veces), Pepa Torres (que non puido vir pero mandou un vídeo)... Participaron moitas mulleres novas, como vedes na foto, o que da pé a pensar que hai futuro.
O encontro pensábase para poñer en contacto a todos os grupos da revolta, para que souberamos de nós e nos cargáramos pilas mutuamente, e tamén para presentar o Sínodo das Mulleres no seu calendario e eixos temáticos. O Sínodo e os traballos da CWC íano presentar Mónica Díaz e Tere Casillas, que están a participar no grupo de CWC de fala hispana, e os eixos temáticos correrían a cargo de Pepa Moleón (situación da muller na Igrexa) Barcelona (Estrutura, transparencia e rendición de contas), Pepa Torres (Poder e participación), Silvia Martínez Cano (Resistencia e esperanza) e nós as Mulleres Cristiás Galegas (Muller e liturxia). Logo organizaríanse grupos que traballarían cada tema cunhas preguntas que íamos lanzar en cada intevención. O caso foi que cando Mónica e Tere fixeron a súa presentación, xurdiron tantas dúbidas nas presentes e era xa tan tarde (hora de xantar) que a presentación dos eixos temáticos quedou adiada. So proxectamos o vídeo de Pepa Torres sobre Poder e participación e falou Silvia sobre Resistencia e esperanza. (viñera á reunión non como representante de grupo senón para falar dese tema e non nos pareceu ben que non interviñera).
Traballamos os seguintes aspectos en pequenos grupos:
Grupo 1- Accións e data para a celebración do próximo 8M.
Grupo 2- A enquisa do sínodo. Como traballala, compartila e recollela. Como facer que chegue a todas as mulleres.
Grupo 3- Trazar redes estando en conexión para comunicarmonos os traballos de todos os grupos do sínodo na revolta
Grupo 4- Financiamento. Estratexias para financiar e favorecer a participación das mulleres de fala hispana no sínodo.
Grupo 5- Proposta de accións para facernos eco do sínodo en cada lugar. Propoñer accións que poñan de manifesto a nosa sintonía co Sínodo de mulleres.
Grupo 6- Como montar obradoiros sobre os diferentes temas do sínodo nos nosos grupos de orixe.
Celebración
I Encuentro Estatal de la Revuelta en Madrid
Aquí tienes el documento. si tienes problemas con la visualización, puedes abrirlo también en el siguiente enlace:
https://drive.google.com/file/d/1qi8YyJxSF3W_L1c7NVqbeD4C05J7QKD8/view?usp=sharing
