Medidas Sanitarias
Novos tempos, novos modos
Dende a coordenadora, asumimos as seguintes medidas para o desenvolvemento da nosa actividade asociativa nestes tempos. A participación en cada actividade leva implícito o coidado tanto de nós mesmas como de todas as compañeiras e dos espazos nos que estemos, polo que ínstase a todas as participantes a ler detidamente e cumprir cas seguntes recomendacións así como ca normativa vixente en cada lugar e momento. Moitas grazas.
Estas recomendacións están agrupadas en tres bloques que atinxen ó eido individual, ó espazo e ó contacto de proximidade. Confiamos en que este formato vos sexa cómodo, pero tamén estarán dispoñibles en pdf (adxuntos a continuación).
Reforzar a hixiene e protección individuais:
O uso de cubrebicos é obrigatorio en todo momento
Lavar as mans frecuentemente con xabón ou cunha solución hidroalcohólica
É indispensable avisar á asociación en caso de notar malestar ou calquera dos síntomas da COVID 19 (febre, tos ou dificultade respiratoria), así como notificar as posibles PCR positivas
Evitar tocar a boca, o nariz ou/e os ollos
Ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable ou poñendo o cóbado por diante
Intensificar a limpeza e hábitos hixiénicos:
Non compartir obxectos sen realizar unha desinfección previa
Ventilar o centro de traballo mínimo cada 15 minutos.
Limpeza frecuente de obxectos e superficies (pomos, aseos, etc)
Reforzar a dispoñibilidade de material de limpeza e hixiene persoal
Medidas para evitar o contacto de proximidade:
Evitar e reducir a frecuencia e o contacto próximo entre persoas
Afastarse polo menos 1’5 metros das persoas
Promover ás reunións por videoconferencia e as actividades online
Documentos:



Ligazóns de interese
Remitímosvos ás principais páxinas con información actualizada e de rigor sobre a evolución da pandemias e as medidas que se están adoptando ó respecto.
Cada un dos elementos das seguintes enumeracións están ligado ás páxinas dos organismos oficiais de goberno pertinentes. Pulsando en cada elemento, accederás directamente a elas.