Mulleres Cristiás Galegas - EXERIA é unha asociación non mixta que nace no ano 1996 xuntando a mulleres de distintos puntos do país (principalmente das provincias de Pontevedra e A Coruña) que loitan transversalmente en tres eidos. Confórmana un conxunto de persoas que se saben mulleres que procuran medrar feministas conscientes de que é unha loita para toda a vida, tanto dentro como fóra da Igrexa. Tamén son cristiás que artellan e viven unha nova espiritualidade dende o rostro feminino de Deus preto dende a perspectiva das Teoloxías Feministas. Está asociación tamén se caracteriza pola asunción da cultura e lingua galega coas súas implicacións tanto sociais, coma políticas e económicas.
O conxunto de socias que definimos Mulleres Cristiás Galegas - EXERIA organizamos e participamos de distintos obradoiros, talleres e loitas acompañándonos as unhas as outras e convidando a distintas persoas. Tecemos así unha rede de diálogo e colaboración con outras organizacións, asociacións e mesmo individuos que traspasa fronteiras políticas.
Entrevista radio Cuac FM 27/out/2015. A partir do min 20.