Sinatura Convidada

Aquí recollemos ás publicacións e documentos que se realizan en colaboración con Exeria.

La revuelta de las discípulas.

LA REVUELTA DE LAS DISCIPULAS corregido def.pdf
Ángela Lanza

Reconozco que nunca antes de investigar sobre la Revuelta de Mujeres había visto a nadie con hábito en una manifestación feminista. Aunque tampoco durante los trece años que fuí al Colegio de las Dominicas de la Anunciata, en Navia, escuché hablar de feminismo. En medio de la Cuarta Ola, de esta lucha feminista actual que ha conseguido ser global, intergeneracional y cada día más heterogénea, las mujeres de la Iglesia, las que la componen y, sobre todo, la sostienen, no han querido quedarse atrás.

Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe do século IV.

Marisa Vidal Collazo e Sole Pite Sanjurjo

Ao fascinante que ten que alguén emprenda unha viaxe a Terra Santa no século IV, engádenselle, en Eu son Exeria, as calidades dunha muller da Gallaecia, afoutada, intelixente e prudente, que se move guiada polo seu desexo. Consciente dos límites impostos, recolle para as súas compañeiras todo o que vai descubrindo, para amosarnos a realidade eclesiástica dun tempo e poñer en evidencia os fondos dunha Igrexa con grandes limitacións para as mulleres, presentes aínda nos nosos días. Como arqueólogas da memoria, Marisa Vidal e Sole Pite axúdannos a recompoñer un dos referentes femininos da nosa historia, á vez que nos achegan unha lectura feminista dunha viaxe no século IV.

Dispoñible á venda nas principais librarías galegas, así como online en: Libraría Aira das Letras, Troa Librería, Central Librera, Librería Proteo, Casa del Libro e Amazon.