Praza Exeria
Novas
As nosas xestións para conseguir que o concello de Santiago denomine Exeria unha praza de Compostela foron un éxito. A nosa solicitude convertiuse nunha declaración institucional ao estar de acordo todos os grupos municipais. No último pleno do ano 2020 asinaron a declaración. A solicitude foi acompañada de 140 sinaturas de asociacións e persoas que apoian a nosa petición tanto de Galicia como de España.
A praza Exeria está ubicada na entrada do camiño de Santiago na cidade, onde empeza a rúa de Concheiros, na Avda. de Lugo. Están convertindo a Avda de Lugo nun bulevar, e nel vai haber tres prazas. A que está no camiño francés será praza Exeria.
Coa petición ía tamén unha solicitude para intervir artísticamente na praza e facer unha serie de actos culturais na cidade co gaio da inauguración e para achegar á veciñanza a persoa de Exeria. Disto foi do que se falou na última reunión da Comisión de Condecoracións á que asistimos xunto a Concelleira de Cultura e Igualdade, Mercedes Rosón. Semellou unha proposta moi atractiva para a devandita Comisión. A incondicional e comprometida Sole Pite púxose mans á obra rápidamente. En conxunto co Concello e coa Asociación, está sacando adiante este proxecto.
Imos dando pasos. Parece que a inauguración está prevista para marzo, aínda que tamén se contempla a posibilidade de que sexa en maio. Iremos informando!
Praza Exeria
A Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria diríxese aos grupos políticos con representación municipal no Concello de Santiago para facerlles chegar esta proposta que, co apoio do grupo municipal do BNG, temos presentado a condecoración do próximo pleno do Concello de Santiago de Compostela.
Solicitamos ao Alcalde do Concello, e a todo o Pleno Municipal consideren a nosa petición de chamar Praza Exeria á nova praza que se vai abrir na cidade, no cruce entre a Avda de Lugo e a Rúa Concheiros. No escrito adxunto manifestamos as razóns que nos levan a tal petición, que vemos unha ocasión para visibilizar a unha muller, Exeria, moi importante para a cultura galega.
A seguir tendes o escrito que presentamos no Concello e o enlace para a recollida de sinaturas.
Agradecemos o apoio e difusión.
Se atopas algún problema para acceder ó documento da solicitude, preme aquí!