Sínodo de mulleres na Igrexa

O Sínodo das Mulleres, nace dun malestar que arrastramos dende hai moito tempo e que ten que ver coa situación das mulleres dentro da Igrexa. Unha situación que a cada paso se volve máis insostible debido aos diferentes escándalos que nos últimos anos van saíndo á luz. O malestar xa é moito máis que o feito de que nos ocupen en tarefas subordinadas. A situación das mulleres na Igrexa estase descubrindo nos últimos anos moi dura e mesmo escandalosa. Ao tempo que se destapaban os casos de pederastia, tamén apareceron as denuncias de abusos sexuais a relixiosas, uns abusos recoñecidos polo Vaticano no ano 2020 e que son a punto dun iceberg de maltrato continuado que as mulleres «consagradas» perciben desde hai moito tempo e que non poden seguir sostendo.

O Sínodo da Amazonia tamén puxo en evidencia o silenciamento que as mulleres padecemos na Igrexa. No Instrumentum laboris propoñíase «identificar o tipo de ministerio oficial que pode ser conferido á muller» e mesmo «que se escoite a voz das mulleres, que sexan consultadas e participen na toma de decisións, e poidan así contribuír coa súa sensibilidade á sinodalidade eclesial». Voices of Faith reclamou daquela que puideran votar polo menos as superioras relixiosas presentes na aula sinodal, (cousa que xa pasara con algúns homes superiores de ordes relixiosas no Sínodo de Bispos), pero a súa petición non foi escoitada. As mulleres estamos vendo que a Igrexa se está perdendo a si mesma porque nos está perdendo a nós. Así o denunciaba Lucetta Scaraf!a na carta que publicou ao peche do suplemento Donne Chiesa Mondo.

Hai demasiado tempo que temos a sensación de ser coma o canciño que pasea collido dunha correa. O dono solta a correa mentres o canciño vaia polo vieiro que o amo marca, pero recolle a corda e amarra forte cando o canciño se quere aventurar por sendas propias e diversas. As mulleres amamos a Igrexa, e non imos marchar caladiñas como xa fixeron outros colectivos (clase obreira, xente moza) senón que queremos que a Igrexa mire para si mesma e cambie, porque non queremos ver como se perde do mundo. Por iso convocamos este Sínodo.

Conclusións do Sínodo

Este documento é un resumo de horas de sesións de escoita nas que participaron mulleres de todos os continentes, incluída a reflexión de mulleres teólogas. O noso discernimento colectivo xerouse a partir dunha escoita fonda, enriquecedora e inclusiva de mulleres de contextos moi diversos que nos unimos para orar, soñar e visualizar xuntas unha Igrexa máis xeradora de vida.

O noso camiño sinodal non é un camiño lineal e así camiñamos, xuntas, nesta realidade complexa e esperanzadora.

Malia as nosas diferenzas, compartimos a crenza de que a plena participación das mulleres na vida institucional e sacramental da Igrexa é o signo máis eficaz de que os seus líderes están comprometidos coa construción dunha Igrexa verdadeiramente sinodal.

Se atopas algún problema, tes o documento dispoñible tamén aquí: Conclusións 

CONCLUSIONS SINODO MULLERES EN GALEGO.pdf

Convocatoria

Mulleres Cristiás Galegas Exeria

chama á participación activa de todas as mulleres neste trabalo sinodal

As Mulleres Cristiás Galegas Exeria imos empezar imos empezar este traballo sinodal deseñando un calendario de traballo que queremos facer aberto a todas as mulleres que poidan estar interesadas en revisar a súa situación na Igrexa e elaborar propostas que fagan posible o cambio que queremos ver. Se estás interesada en participar, ponte en contacto con nós en mcgexeria@gmail.com ou falando con calquera de nós. 

Como ben dicimos na Revolta, queremos facer oír a nosa voz para que a xustiza, a igualdade e o coidado da casa común sexan costume na Igrexa!

Trátase dun Sínodo convocado pola CWC (Catholic Women’s Council, www.catholicwomenscouncil.org) no ano 2019, pero que se viu detido pola pandemia. Retomamos traballos a nivel internacional organizadas en 7 grupos por afinidades territoriais e fala (inglés, hispano, francés, alemán, africano e indio), artellando cinco eixos de traballo:

Iniciouse en decembro de 2021, cunha enquisa na que diagnosticar a situación das mulleres na Igrexa respecto deses cinco puntos. A partir dela traballaranse en grupos os diferentes eixos, seguindo este método de traballo:

En xaneiro de 2022 presentaranse os resultados da enquisa e empezarán os traballos nos grupos en sesións que se inician en febreiro e seguirán ata xuño. As conclusións, que serán recollidas e elaboradas nas diferentes zonas, presentaranse de xeito global, en sesións virtuais, co seguinte calendario:

En setembro de 2022 presentarase o Instrumentum Laboris que se levará á sesión plenaria que terá lugar en Roma, en encontro presencial e virtual, a primeiros de outubro. 

O plan de traballo é intenso. Vén premido pola pandemia, que atrasou o inicio, e polo Sínodo da sinodalidade que se vai celebrar en Roma e no que queremos presentar as conclusións do Sínodo de Mulleres.